Destacan as axudas ás asesorías de explotación e os proxectos dinamizadores para as áreas rurais de Galicia
AGACA organiza unha xornada para dar a coñecer as novas axudas derivadas no PDR 2007-2013
Destacan as axudas ás asesorías de explotación e os proxectos dinamizadores para as áreas rurais de Galicia así como as axudas para formación, transformación e comercialización dos produtos agrarios. Tamén se presentará un Programa de Asesoramento Individualizado para a posta en marcha de proxectos de Innovación en cooperativas
(31/01/2008)
Co obxectivo de facilitar ás cooperativas o coñecemento das novas axudas procedentes do PDR (plan de Desenvolvemento Rural) 2007-2013, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias reunirá mañá, nunha xornada específica ao efecto, a representantes de distintas áreas da Consellería do Medio Rural que exporán os contidos das distintas axudas existentes.
Entre as cuestións sobre as que as cooperativas están a demandar máis información e que se tratarán durante a xornada figuran as Axudas ás Asesorías de Explotación, no relativo á xestión e aconsellamento e ao Proxectos Dinamizadores para as áreas rurais.
Na última parte da xornada abordarase outro aspecto de gran interese para as cooperativas, relacionado coa importancia do fomento e implantación da innovación. Procederase á presentación dun Programa de Asesoramento Individualizado para a posta en marcha de diferentes proxectos de Innovación.
Esta última iniciativa responde a un especial interese, enmarcado dentro dos obxectivos estratéxicos de AGACA, polo fomento e promoción da innovación nas cooperativas agrarias de Galicia.
Día: Venres, 01 de febreiro
Hora inicio: 9:45 horas. Primeiro Relatorio
Lugar: Hotel Santiago Apóstol
Sito na Costa de San Marcos s/n
Santiago de Compostela
(c) 2007, AGACA - Asociación de Cooperativas Agrarias de Galicia :: Aviso legal