Pretende motivar á muller para que se incorpore aos Consellos Reitores das cooperativas
AGACA prepara unha actividade formativa específica para mulleres
A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, AGACA está a traballar, en colaboración coa Consellería de Traballo, no desenvolvemento dunha serie de cursos dirixidos ás mulleres socias das cooperativas agrarias de Galicia.
(10/04/2008)
Co fin de potenciar e incrementar a presenza da muller nos Consellos Reitores, AGACA xunto coa Consellería de Traballo anunciará nos próximos meses a celebración dunha serie de actividades formativas destinadas ás socias das cooperativas.
Segundo os datos manexados no XI Informe sobre a xestión e o estado económico do cooperativismo agrario en Galicia editado por AGACA, o número de mulleres que forman parte dos Consellos Reitores non supera o 22%, fronte ao 88% restante ocupado por homes.
(c) 2007, AGACA - Asociación de Cooperativas Agrarias de Galicia :: Aviso legal