Gabinete de Comunicación


NOTAS DE PRENSA AGACA

 

Carta do Sector Lácteo a Elena Espinosa, Ministra do MARM



Fotografia

(02/03/2010)  En Madrid, 17 de febrero de 2010



Estimada Sra. Ministra:

O Sector Produtor Lácteo español representado polas Organizacións Profesionais Agrarias (ASAJA, COAG e UPA) e por Cooperativas Agro-alimentarias (C.A.) queren facerlle chegar unha vez máis a súa preocupación pola grave situación na que se atopan unha gran parte das explotacións gandeiras e que está poñendo en perigo a continuidade da produción de leite de vaca en España, así como a viabilidade do texido industrial español.

Dende o sector produtor obsérvase con gran preocupación que a pesar das expectativas de prezos do mercado internacional, que a curto e medio prazo parecen augurar unha estabilidade nos prezos e mellora das rendas dos produtores, estanse evidenciando no mercado español actuacións de abuso de poder dalgunhas empresas compradoras de leite cru así como da distribución, moi similares ás que desencadearon a manifestación da primavera pasada.

Algunhas destas actuacións se relacionan a continuación e son sen dúbida motivo de preocupación para o sector produtor:

1. Ameazas de deixar liñas de recollida de leite.- Estanse producindo comunicacións dalgunhas empresas para deixar liñas de recollida. Estas empresas a través de carta solicitan aos gandeiros que busquen novos compradores pero se non os atopan a industria ofrécelles recollelo a prezo de leite en po. Estes anuncios fomentan “o cisterneo” e o leite “spot” producíndose de forma artificial unha sensación de que “sobra leite” o que provoca unha espiral de prezos á baixa.

Preocupa ademais que se repita a situación do ano pasado, cando este mesmo tipo de ameazas provocaron un incremento da compra de leite a prezos de po e despois esa leche se vendeu como leite líquida, banalizándose así o produto por parte da distribución.

2. Preferencia polo leite foráneo.- Estase materializando unha consolidación da tendencia dalgúns grandes grupos industriais de abastecerse dun certo volume de leite procedente doutros países, especialmente de Francia e Portugal. Isto xa non se fai de xeito coxuntural, cando os prezos están baixos, senón de forma estrutural e relacionada con acordos desas mesmas industrias cos seus gandeiros nese país.

Neste sentido, convén indicar que nos acordos de prezos, que nestes momentos se están negociando, entre produtores e industriais franceses xa se fala claramente da necesidade de poñer prezo en función da “retirada” dun 20% da súa produción para manter os prezos no mercado nacional francés. E cada vez é máis difícil facer esa “retirada” vía exportación de queixos ou mediante a venda á intervención e máis fácil facela mediante exportacións ó mercado español. Cada día teñen máis presenza en España empresas de capital francés, tal como mostra a recente compra de Forlasa polo grupo Lactalis.

3.- Retraso nos pagos.- Algunhas industrias importantes deste país están retrasando os pagos de leite. Nestes momentos atopamos industrias que xa pagan entre 60 y 120 días, moi por encima do que marca a Ley. Esta estratexia de retrasar os pagos pode estenderse entre o resto de industrias.

4.- Reparto de rutas.- Algunhas das industrias que operan en España, chegan en ocasións a repartirse as rutas ou as zonas nas que recollen, producíndose situacións de case oligopolio que tanto dano fan ós produtores pois reducen a súa xa de por si reducida capacidade de negociación.

5.- Banalización do leite e dos produtos lácteos ante o consumidor.- Hai que engadir como problema importante a banalización continua que fai a distribución do leite líquido e doutros produtos lácteos de gran consumo ó utilizalas como produto reclamo ao ser obxecto de frecuentes descontos e ofertas.

6.- Incumprimento permanente dos acordos por parte das industrias. O sector industrial lácteo non só incumpriu os puntos do “Acordo Lácteo” firmado polos seus representantes no pasado mes de xullo senón tamén outros acordos interprofesionais que habían sido adoptados en relación cos contratos e o seu funcionamento.


Todas estas consideracións demostran que a pesar das medidas para mellorar a transparencia da cadea de valor e dos esforzos do MARM, continúa existindo un importante desequilibrio na cadea láctea de forma que o poder de negociación dos produtores se atopa practicamente anulado. Isto tradúcese nunha gran debilidade do primeiro elo da cadea que impide unha mellor redistribución do beneficio no conxunto da cadea de valor e a consolidación de prácticas de abuso de poder nas negociacións.

A situación non é nova senón que se repite dende fai moitos anos.

Os intentos por parte do sector produtor de cambiar a tendencia están resultando infructuosos pois chocan co muro infranqueable das industrias ás que favorece esta situación de inestabilidade.

En efecto, as contas de resultados das principais industrias que operan en España foron inmellorables no último ano a pesar da situación de ruina dos gandeiros o que demostra que tales resultados se conseguen a base de abaratar ó máximo a materia prima.

Neste sentido consideramos que a corto e medio prazo as solucións pasarían por un maior control por parte das Administracións das actuacións de abuso da industria e da distribución que lles producen uns beneficios a costa da baixada das rendas dos gandeiros, así como reactivar o diálogo xurdido en xullo do ano pasado, revitalizar o espírito do Acordo Lácteo que se firmou o ano pasado.

Con obxecto de poder expresar en detalle os problemas achegados e a posta en marcha das medidas que demandamos, solicitamos manter unha reunión con vostede o antes posible.



Pedro Barato, Presidente de ASAJA
Miguel López, Secretario Xeral COAG

Lorenzo Ramos, Secretario General UPA
Fernando Marcén, Presidente de CCAE


Documentación:
doc Descargar (PDF)

 

 

(c) 2007, AGACA - Asociación de Cooperativas Agrarias de Galicia :: Aviso legal


AVAforum.com