Área de Innovación (I+D+i)


OBXECTIVOS


A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, AGACA, contempla entre os seus obxectivos “a promoción dos intereses do cooperativismo agrario galego e da súa mellora competitiva...” Este propósito orienta a actividade de impulso ao I+D+I e nomeadamente á INNOVACIÓN COOPERATIVA.

i+d+i


AGACA proponse reducir os obstáculos que atopan as cooperativas agrarias no inicio de procesos de innovación, como poden ser: a accesibilidade á información sobre I+D+I, o acceso ao financiamento ou propiamente a xestión de proxectos...

AGACA quere que os proxectos cooperativos innovadores sexan viables, garantindo a dotación de recursos, cobertura de custes, e sobre todo a explotación dos resultados. Así mesmo, tratamos de dotar de información sobre o mercado e o abastecemento tecnolóxico, mediante vixilancia tecnolóxica e procesos de transferencia. Neste sentido se orientan os nosos servizos.


AGACA actúa neste eido, cun enfoque de REDES, a nosa organización pretende actuar como intelocutora para as cooperativas agrarias en relación ao Sistema Galego de Ciencia e Innovación.

Estamos presentes nas principais plataformas tecnolóxicas de interese para o sector:

- Centro tecnológico Agroalimentario, CETAL


- Confederación de Cooperativas Agrarias de España (Boletín I+D+I CCAE)
Enlace Externo www.saecoop.com/boletinidi.htm


- ENVITE - Plataforma Tecnolóxica do Medio Ambiente
Enlace Externo www.envite.org


- Plataforma Tecnolóxica Galega do Forestal


- PTGAL - Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria
Enlace Externo ptgal.org


 

Traballamos na elaboración dos seguintes DOCUMENTOS:

 

- 2007, 1ª Diagnose de Capacidades de I+D+I nas cooperativas agrarias
14/11/2008|


- 2007, Informe sobre Actividad de Innovación de AGACA
14/11/2008| Programa para el Fomento de la Innovación del MARM.
Descargar PDF( 0,3 MB )


- 2007, Axenda Estratéxica de Innovación da PTGAL
14/11/2008| Documento visión da PTGAL
Descargar PDF( 1,7MB )


- 2005, Elaboración do MAPA TECNOLÓXICO GALEGO
14/11/2008| Mapa Tecnolóxico Galego
Descargar PDF( 0,5 MB )


 


(c) 2007, AGACA - Asociación de Cooperativas Agrarias de Galicia :: Aviso legal


AVAforum.com