Entre os seus obxectivos, AGACA contempla o de impulsar a INNOVACIÓN e o DESENVOLVEMENTO empresarial e do contorno socioeconómico das cooperativas.
Desde AGACA pretendemos dar un “maior apoio ás cooperativas agrarias na mellora da súa competitividade, captando e xestionando axeitadamente, incluso en rede, recursos de financiamento, dándolle prioridade ao aproveitamento das programacións comunitarias da UE".
A actualidade económica obriga ao cooperativismo a redefinir constantemente as súas estratexias empresariais e sociais de cara ao futuro. Neste senso, a nosa actuación realízase desde dúas áreas:
ÁREA DE DESENVOLVEMENTO: pulamos por aquelas actuacións que teñen en conta unha visión máis global do contorno empresarial cooperativo e que reverten nos seus procesos de mellora estratéxica.
ÁREA DE INNOVACIÓN: queremos situar ao cooperativismo agrario galego no escenario da innovación, implicando ás cooperativas en procesos de I+D+I, como forma de afrontar o reto da competitividade.
Marta Núñez Martínez -Corbalán
|
|
Se desexa recibir información actualizada sobre estes temas dirixa solicitude por correo-e ao seguinte contacto: martanm@agaca.coop, ou agaca@agaca.coop.
(c) 2007, AGACA - Asociación de Cooperativas Agrarias de Galicia :: Aviso legal